Novas

Novas do Cluster

Formulario de busca
04-07-2019 Novas do Cluster O Clúster TIC, a Universidade de Vigo e Imatia colaboran no lanzamento dun Curso de Posgrao pioneiro en Galicia

O Clúster TIC colabora coa Universidade de Vigo e coa empresa de desenvolvemento de Software Imatia Innovation, no lanzamento do Programa de Posgrao en Desenvolvemento de Software e Negocio Dixital.Este curso foi deseñado especialmente para persoas que son conscientes do enorme potencial das empresas dixitais, pero que carecen dos coñecementos técnicos ou empresariais necesarios para poder entrar no mundo tecnolóxico e dos negocios, cun enfoque moi práctico e orientado ao traballo real nas empresas.

máis información
05-04-2019 Novas do Cluster O Clúster TIC convoca o 1º Enredatic, evento de networking específico para asociados
A xornada terá lugar o día 24 de abril na Finca Tres Pinos en Santiago de Compostela. A inscrición, ata o día 17 de abril, é gratuita ata completar aforo.

O Clúster TIC convoca a primeira edición da xornada de networking Enredatic. Esta ten como obxetivo favorecer un ambiente distendido no que os socios podan reunirse de forma amigable para coñecer a potenciais colaboradores e fomentar a conversación de forma natural.

máis información
11-02-2019 Novas do Cluster Alén Space, Queres Tecnologías, Roi Scroll, Developers Foresic Tools, Redegal, Amtega e R gañadoras dos Premios TIC Galicia
Os galardóns entregáronse hoxe na Coruña, nunha gala enmarcada na Lacon9th

Alén Space, Queres Tecnologías, Roi Scroll, Developers Foresic Tools, Redegal, Amtega, R, Miguel Varela e Amparo Alonso Betanzos son os gañadores dos Premios TIC Galicia 2019. Os representantes das entidades recolleron os seus galardóns pola tarde, nunha gala desenvolta no marco da Lacon9th, no Palexco, na Coruña.Con estes premios, o Clúster TIC e a Laconnetwork recoñecen o traballo de todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información, poñendo de relevo ante a opinión pública o labor das empresas, profesionais e entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser.

máis información
17-01-2019 Novas do Cluster
O prazo de inscrición para presentar candidaturas remata o próximo domingo día 20
Os premios TIC Galicia buscan os proxectos máis innovadores do sector
A convocatoria conxunta do Clúster TIC e Laconnetwork premiará a empresarios, institucións e asociacións en nove categorías vinculadas directamente ás Tecnoloxías da Información e a Comunicació

O Clúster TIC pecha esta semana o prazo de presentación de candidaturas para a segunda edición dos premios TIC Galicia.

máis información