sg tech lanza a iniciativa "Ano Olímpico" para integrar o deporte na vida diaria dos seus empregados

Silvia Camesella,

sg tech lanza a iniciativa "Ano Olímpico" para integrar o deporte na vida diaria dos seus empregados


sg tech lanza a iniciativa "Ano Olímpico" a través dunha serie de actividades deseñadas para integrar o deporte na vida diaria dos seus empregados e apoiar á mocidade nas súas aspiracións deportivas.

Como parte do seu compromiso cos mozos e o deporte, a empresa patrocinará o equipo de fútbol da Universidade da Coruña (UDC), Nanoteam. Este apoio non só reflicte o seu desexo de axudar aos mozos para alcanzar as súas metas deportivas, senón tamén o seu esforzo por fomentar valores como o traballo en equipo e a perseveranza entre os estudantes. Este patrocinio fíxose efectivo hoxe, 18 de abril, nun evento conxunto coa UDC, onde estivo presente o CEO de sgtech, Alfredo Castro.

Ademais, co obxectivo de unir a todos os membros de sg tech, sen importar a súa localización xeográfica, e fomentar un estilo de vida saudable, impulsaron outras dúas grandes iniciativas, abertas á participación dos seus empregados. A Marcha na Coruña a favor da AECC, que terá lugar o 19 de maio, e a Carreira das Empresas, que se celebrará o próximo mes de decembro en Madrid. Para motivar a participación do seu persoal, sg tech proporcionará kits deportivos a todos os interesados e organizarán actividades como sesións de adestramento en grupo ou suxestións de comida saudable para chegar nas mellores condicións.

En sg tech consideran que o deporte é esencial para unha vida sa: "As empresas temos unha responsabilidade crucial na promoción de hábitos saudables e en ofrecer aos nosos empregados as ferramentas necesarias para unha efectiva conciliación entre a vida laboral e persoal. Estas iniciativas son só o comezo dun compromiso máis amplo a fin de asegurar que todos en sg tech teñan a oportunidade de vivir de maneira máis saudable e feliz", sinalan desde a compañía.

Comentarios


Para comentar, por favor inicia sesión ou crea unha conta
Modify cookies