Fases do programa

  1. Solicitude de participación: as persoas e entidades interesadas en participar no Programa deberán presentar a súa solicitude ao Cluster TIC a través do formulario electrónico dende o 30/10/2023 ata o 15/12/2023. Este paso inicial é como extender unha “invitación” para unha cita coa tecnoloxía.
  2. Revisión e Preselección: o Cluster TIC valorará todas as propostas e seleccionará as que cumpran os termos e condicións fixados nas bases. Esta etapa é análoga á preparación 'primeira cita’ onde se asegura que todo estea listo para o encontro.
  3. Comunicación de admisión de solicitudes: a máis tardar o 09/01/2024 recibirás a comunicación da túa admisión ou non no programa. É o momento en que se confirma si a 'cita’ terá lugar.
  4. Obradoiros de Asesoramento: co obxectivo de guiarte e apoiarte na elaboración da candidatura que presentarás aos TECH ANGELS, organizaranse dous obradoiros en modalidade híbrida (presencial e telemática) para que fagas a presentación óptima da túa iniciativa. Esta fase é crucial para pulir a presentación, asegurando que a proposta causa a mellor impresión.
  5. Pitching: chegado o momento, terás a oportunidade de presentar o teu proxecto ante o panel de TECH ANGELS do Cluster TIC nun evento especialmente organizado para este fin. Aquí darase lugar á 'primeira cita' onde as propostas deberán captar a atención dos TECH ANGELS.
  6. Selección e Acordo: se o teu proxecto resulta elixido por un TECH ANGEL será o momento de formalizar o acordo entre ambas partes. É o punto de partida dunha relación tecnolóxica, onde a 'primeira cita' se transforma nun compromiso a longo prazo.
Modify cookies